O equipo de rodaxe do filme infantil “A casa da luz” deixa a localidade de Baio, donde iniciaron a grabación da película fai unhas semanas, para trasladarse á localidade coruñesa de Betanzos.
Aquí teñen previsto traballar toda a primeira quincena do mes de agosto e seguir coa rodaxe de exteriores en distintos espazos: o casco urbano, o Pasatempo ou A Ribeira.
“Á casa dá Luz”, adaptación da novela do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Xabier Docampo, é un novo proxecto do produtor Xosé Xoan Cabanas Cao e do director Carlos Amil. Será unha das primeiras longametraxes de imaxe real para nenos que se realizan en Galicia e rodarase integramente en galego.
A rodaxe do filme, que rematará o 1 de setembro, fíxose coincidir co verán, de maneira que non interfira no curso escolar dos actores, que na súa maioría son nenos de entre 8 e 13 anos.
Unha viaxe fantástica
A novela "Á casa dá Luz", editada por Edicións Xerais, narra a aventura dun grupo de nenos utilizando como fío condutor a desaparición dun amigo nun mundo descoñecido e misterioso. "É unha viaxe fantástica para recuperar os amigos", resumo.
A adaptación cinematográfica foi realizada por Carlos Amil e Xosé Xoán Cabanas Cao, que coinciden en cualificar o proxecto como unha película moi imaxinativa, pero non de fantasía, na que o público obxectivo, os nenos, serán tratados "como espectadores intelixentes".
Esta será a segunda película de Carlos Amil, que se estreou na dirección co filme Branca Madison (2003). "Un dos maiores alicientes deste novo proxecto é que se trata dunha película de aventuras dirixida a todos os públicos, e tamén que partimos da adaptación dun texto de Xabier Docampo -asegura-. Outro dos atractivos é que o deseño conceptual recaerá en Xosé Cobas, que procede do mundo da ilustración e que pode achegar algo moi interesante dende este punto de vista".
"Un dos obxectivos é facer un proxecto de raíces absolutamente galegas en todo o seu ámbito de creación: obra preexistente, director, produtor, director conceptual, actores, técnicos,..., aínda que sen renunciar á vocación internacional", afirman.
"Trátase dunha película absolutamente novidosa na cinematografía española e que será moi ben recibida -adiantan-. O punto de partida permitirá facer un achegamento totalmente inédito en España". Polo momento, o proxecto foi moi ben acollido en todos os ámbitos nos que se presentou. "Levantar un proxecto cinematográfico non é doado, e menos dende Galicia, pero este ten uns valores sobresaíntes e moito talento detrás", conclúe Cabanas Cao.
Para máis información, xestión de entrevistas ou cobertura da rodaxe:
981 217 267 /654 803 651 (Ana López)
filtro@filtrocomunicacion.com / analopez@filtrocomunicacion.com